jueves, 9 de julio de 2009

AXUDAS AOS TRABALLADORES AUTONOMOS PARA COMPRA DE ORDENADORES (XUNTA DE GALICIA)


A Xunta ven de aprobar unha axuda para compra de ordenadores por traballadores autonomos que esten desenrolando a sua actividade por conta propia e que cumpran unha serie de requisitos formais.

Obxecto das axudas
Incentivar aos autonomos para que adquiran ordenadores persoais, facilitar aos beneficiarios o uso do software libre de xestion empresarial e ofimatica asi coma simplificar ao maximo o proceso de solicitude das axudas. Ademais, con elo queren apoiar todo o proceso coa participacion activa das entidades colaboradoras.

Contía dos investimentos
O 45% da base impoñible do custo do ordenador (portatil ou sobremesa) ata un maximo de 350 euros. Poderan incluirse tamen pantalla, teclado ou rato. Non se pode incluir perifericos, consumibeis ou licenzas de software. A axuda e adiantada e descontada na propia factura, que realiza a entidade colaboradora ao beneficiario e despois a Conselleria reintegra despois eses cartos a colaboradora.

Beneficiarios
Traballadores dados de alta no Rexime Especial de Traballadores Autonomos da Seguridade Social con domicilio e alta fiscal no IAE para a sua actividade economica en Galicia. Debese acudir a unha entidade colaboradora co seu DNI e o recibo do ultimo pago mensual do seu autonomo. Quedan excluidos os comerciantes retalistas.

Entidades Colaboradoras
Empresas con actividade economica acreditada en materia de Sociedade da Informacion que cumpran criterios de solvencia tecnica e eficacia. Estas entidades colaboran na tramitacion telematica integra das solicitudes, adiantan as contias nas facturas, etc...

No hay comentarios:

Publicar un comentario